AVISO LEGAL
Os dereitos de propiedade intelectual desta web e dos seus elementos engadidos son titularidade do Concello de Outes, reservándose este a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida na web en calquera momento e sen previo aviso.
O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos, non sendo en ningún caso esta información vinculante.
O Concello de Outes non se fai responsable dos danos e dos prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web. Tanto o acceso ao sitio web como ao uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade dos/as usuarios/as.
Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ás contas de correo electrónico utilizadas nesta web, así como a utilización desta páxina web con fins comerciais ou de maneira inadecuada.
O Concello de Outes non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter a web. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas perténcenlles aos seus respectivos autores/as e propietarios/as e, a petición de calquera deles/as, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.