Español | Contacta con nos
axenda local

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO XVI CERTAME FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA

Membros do xurado do XVI certame Francisco Añón

[18/05/2012] Co gallo do Día das Letras Galegas, celebrouse na casa da Cultura de Outes o acto de entrega de premios do XVI Certame Francisco Añón de Poesía.

No acto, que estivo amenizado polo grupo de Gaitas Municipal de Outes, tamén se fixo a presentación do libro que recolle os poemarios gañadores da XV edición deste certame celebrada o ano pasado.

Pode picar nos enlaces inferiores para ver as actas de constitución do xurado e a do fallo do xurado, co nome de todos os premiados:

Acta de constitución do xurado

Acta de fallo do xurado

Gañadores do XVI certame Francisco Añón
Os gañadores das distintas categorías xunto coa escritora Ánxela Gracián.

Picar nas imaxes para agrandar

ACTIVIDADES PARA A PREVENCIÓN DO FRACASO E REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR

[09/05/2012] O Concello de Outes, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e máis o IES Poeta Añón, organiza unha serie de actividades destinadas á redución do fracaso escolar e á orientación e reincorporación ao sistema educativo.

Os interesados en participar nestas actividades deben poñerse en contacto coa educadora familiar nas oficinas do Concello, nos teléfonos 981 850 003 / 981 842 400 ou no enderezo electrónico juana.pedrosa@outes.dicoruna.es

Descargar o folleto das actividades

 


CINE EN OUTES
[13/04/2012] O pasado venres 6 de abril, na Praza do Bosque, a Caravanade Mr. Misto Films, empresa que colabora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia, achegou os nenos outienses ao cinema móbil instalado nunha pequena caravana, na que se proxectaron durante tres horas diversas curtas de animación.

Posteriormente, os/as asistentes crearon o seu propio conto, que podedes ver no seguinte video:


PRESENTACIÓN DO LIBRO "FLOY E A XANELA DO COLEXIO"

[07/03/2012] Co motivo da conmemoración do 8 de Marzo o Concello de Outes a través do Centro de Información ás Mulleres presentou, hoxe pola mañá o conto "Floy e a xanela do colexio". Este foi o resultado do programa “Conto contigo”, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade. Ao acto realizado na Casa de Cultura de Outes asistiron os docentes e alumnado do colexio Emilio Navasqüez do Cruceiro de Roo.

Floy é un paxariño máxico que vive no monte Tremuzo e observa como os nenos e nenas de Outes traballan a igualdade. 

A historia, os personaxes, os diálogos... foron creados polos alumnos e alumnas de primeiro ciclo de primaria do mesmo. As ilustracións  foron resultado dunha elaboración profesional que ten como punto de partida debuxos e pinturas orixinais realizadas na aula polo alumnado.

O día 8 de marzo farase o reparto de exemplares as bibliotecas do concello e centros de ensino de primaria.

Así mesmo, quen o desexe tamén poderá descargar o libro, en formato pdf, no seguinte enlace:

Descargar o libro

Picar na imaxe para agrandar

 

 
 
Axenda local
 
Taboleiro de anuncios
 
Perfil de contratante
 
Teléfonos de interese
 
Descarga de impresos
 
 
Asociacións
 
Punto limpo
 
© CONCELLO DE OUTES | Aviso legal