| FRANCISCO AÑÓN PAZ |
![]() |
Monumento a Francisco Añón, ao pé da Casa do Concello |
| 1812 | Nace o 9 de outubro na aldea de Boel. |
| 1829 | Comeza con 17 anos a estudar no Seminario Conciliar de Santiago. |
| 1837 | Despois de estudar 5 anos de Teoloxía, empeza os estudos de Xurisprudencia. |
| 1840 | Primeira poesía de Añón datada cronoloxicamente, “El Médico Enamorado” |
| 1843 | Añón consegue a Licenciatura en Xurisprudencia. |
| 1845 | “Recordos de infancia. Égloga”. É das primeiras poesías escritas en galego no Rexurdimento. |
| 1846 | Francisco Añón marcha por primeira vez a Portugal. |
| 1850/53 | Viaxa a Francia e Italia como secretario do inglés Lord Shawford ou Shawfordt. |
| 1853/57 | Regresa a España. Establécese en Sevilla. Ensina idiomas e escribe na prensa da época. “A una gallega renegada” é un dos poemas desta etapa. |
| 1857 | Añón atópase en Madrid. Escribe os poemas en castelán “A Lisboa” e “El borracho y el eco”. Dá clases de francés. |
| 1861 | Celebración, na Coruña, dos Primeiros Xogos Florais de Galiza. O seu poema “A Galicia”, escrito en galego, foi premiado cun accésit. Instalado en Madrid dedícase entre outras cousas ao periodismo político. |
| 1862 | A raíz deste certame publícase o Album de la caridad, onde se recollen algúns dos seus poemas. |
| 1866/67 | Volve Añón a Portugal, onde escribe dous poemas en castelán: “Mi querido Eduardo” e “En la inauguración de la estatua Á Camóens”. |
| 1868 | Retorna a España: Madrid e logo Galicia, onde reside algún tempo. O 4 de maio escribe en Santiago “A Mariña Barros á la edad de 8 años”. O 7 de agosto na Ponte Nafonso comeza a escribir “¡Boél!”, anaco de poema que manda nunha carta ao seu sobriño Diego Campos. En outubro publica en La Revolución, Periódico Liberal de Santiago o poema en castelán “La revolución, himno patriótico, dedicado al pueblo, al ejército y a la armada”. |
| 1869 | Volve definitivamente a Madrid. Constitúese a sociedade “La Fraternidad Galaico-Asturiana”, da que forma parte como vocal. Consegue un modesto traballo no “Ministerio de Gracia y Justicia”. |
| 1872 | Añón é nomeado “Auxiliar de Archivo”. |
| 1873 | Ascende ao cargo de “Oficial 3º del Archivo de este M.º Oficial de Negociado de 4.ª Clase en Admón.”. É cesado en xuño deste mesmo ano. |
| 1875 | Fúndase a sociedade “La Galicia Literaria”, da que Añón é presidente. |
| 1877 | Francisco Añón aparece como autor da tradución (incompleta) da novela rusa "Los dos amigos" de M. J. Tourguenef nun periódico de Madrid. Escribe as composicións: “Al papa” e “A Galicia”. |
| 1878 | Escribe “A miña enfermedá”, tal vez a súa derradeira composición. Morre o 20 de abril en Madrid. |