Español | Contacta con nos

 

 

PLAN XERAL DE ORDEnACIÓN MUNICIPAL (P.X.O.M.)

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por Orde do 11 de xaneiro de 2011 publicada no Diario Oficial de Galicia nº 16, do 25.01.2011, aprobou definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Outes.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia, e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, publícase a normativa do antedito Plan, que entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín oficial da provincia da Coruña.

O PXOM é o documento que regulará o desenvolvemento urbanístico e con esa finalidade clasifica, de conformidade coa lei, o solo do municipio en urbano, urbanizable, de núcleo rural e rústico; deseña os núcleos urbanos da Serra de Outes, Pontenafonso, O Cruceiro de Roo e O Freixo e as súas áreas de crecemento; cataloga e define a totalidade dos núcleos rurais do municipio e as súas zonas de expansión; e define o solo rústico e as súas diversas categorías (común, de protección agrícola, de protección de costa, de protección paisaxística, etc.).

O PXOM tamén establece a rede viaria e os sistemas de infraestruturas e equipamentos públicos necesarios para o desenvolvemento económico (parque empresarial) e o benestar social do municipio (espazos libres e zonas verdes, instalacións escolares e deportivas, equipamentos de servizos sociais, instalacións sanitarias e culturais, redes de abastecemento e depuración de augas, redes de distribución de enerxía eléctrica, etc.).

O PXOM contén unha serie de documentos esixidos pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia, que se presentan en catro tomos:

Para os efectos de facilitar a súa consulta e guiar ao lector, desglosamos a continuación o PXOM por tomos cunha explicación de cada documento:

 

TOMO I

Contén catro documentos:

 

TOMO II

Contén tres documentos


TOMO III

Contén tres documentos:

 

TOMO IV

Este tomo contén os planos de clasificación de solo de todo o territorio municipal.

En resumo, para coñecer a ordenación concreta que lle corresponde a un determinado terreo é preciso identificar no plano correspondente a clase de solo a que pertence -urbano, urbanizable, de núcleo rural ou rústico- e logo consultar a ordenanza urbanística aplicable.

 

© CONCELLO DE OUTES | Aviso legal