CONDICIÓNS DE USO
Quen leve a cabo o envío dunha fotografía (en adiante, o usuario) acredita que a fotografía é orixinal e non unha copia de calquera outra.
Non se admitirán fotografías nin comentarios que inclúan insultos, difamacións, ameazas, vexacións ou expresións que poidan resultar incómodas para calquera persoa ou institución. Tampouco se permitirán fotografías ou comentarios que se consideren obscenos, racistas o xenófobos.
Non se permitirán fotografías nin contidos que promovan actividades ilegais (pornografía infantil, terrorismo, etc) ou inciten á violencia.
Non se admitirán fotografías, comentarios ou contidos que sexan directa ou indirectamente publicitarios ou de promoción sobre un producto, marca ou calquera tipo de negocio.
As fotografías e mensaxes enviadas son as opinións e expresións dos seus autores e non dos administradores do sitio web nin do Concello de Outes.
Toda fotografía enviada será examinada con carácter previo a súa publicación. Os administradores do sitio web resérvanse o dereito de publicación das fotografías e comentarios así como da súa modificación ou eliminación sen previo aviso.
O envío de fotografías implica a aceptación das anteriores normas.
En cumprimento da Lei 15/1999, do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Concello de Outes comunica aos usuarios que os datos facilitados a través dos e-mails recibidos teñen a consideración de datos de carácter persoal e que serán tratados coa máxima confidencialidade.