Español | Contacta con nos

 

 

Enlaces a outras páxinas web de interese:
 
Federación Galega de Bandas de Música Populares
 
BANDA MUNICIPAL DE OUTES

A Banda Municipal de Outes fundouse no ano 1985 para dar saída ós alumnos da Escola Municipal de Música, que por entón dirixía D. Prudencio Romo González.

Foi o propio D. Prudencio Romo o fundador e quen asumiu a dirección da Banda nos seus primeiros cinco anos de existencia. Sucedérono no cargo os directores D. Manuel Abelleira, D. Alfonso Salvatierra e o actual, D. Manuel Blanco.

Banda Municipal de Outes

As diversas saídas realizadas pola Banda abranguen dende concertos nas festas patronais en cada unha das parroquias do Concello, a través dun convenio con este, ata numerosas actuacións por toda a comarca e provincia.

A Banda Municipal de Outes participou ademais en varios programas de radio e televisión, entre os que cómpre destacar: “Ruada”, “Palco da Música” ou “Luar”.

Ver a Banda de Outes na páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares

© CONCELLO DE OUTES | Aviso legal