| BANDA DE GAITAS MUNICIPAL DE OUTES |
![]() |
A banda de gaitas municipal de Outes fundouse no ano 1995, con mozos vidos dos grupos de gaitas das ANPAs dos colexios do concello. A súa primeira directora foi Salomé Iglesias. No ano 1997 o director pasou a ser Manuel Miramontes. Este tamén é o primeiro ano no que toma parte na Liga Galega de Bandas de Gaitas, en cuarto grado. Manuel Fernández toma os mandos da dirección entre os anos 1999 e 2004 no que o actual director, Edelmiro Fernández, se fai cargo da banda. Na actualidade, a banda municipal de gaitas está no 1º grado da Liga Galega de Bandas de Gaitas. |