Español | Contacta con nos

 

 

GRUPO DE CANTAREIRAS E PANDERETEIRAS

O grupo de cantareiras e pandereteiras formouse alá polo ano 1995 no seo das clases organizadas polo Centro Social da terceira idade do Concello de Outes, mesturando a tradición que aportaban os nosos maiores coa modernidade dos novos alumnos. Hoxe, dependentes do propio Concello, forman parte dos grupos folclóricos municipais. O grupo ten participado en distintos festivais da comarca e de Galicia, así coma en diversas actuacións fóra da comunidade autónoma (Tenerife, Holanda, Portugal,…)

© CONCELLO DE OUTES | Aviso legal