Español | Contacta con nos

 

 

Enlaces a outras páxinas web de interese:
 
xuventude.net
 
Rede de bibliotecas de Galicia
CASA DA CULTURA

O Centro Sociocultural e Xuvenil do Concello de Outes, coñecido como a Casa da Cultura, é un edificio multidisciplinar que alberga de forma permanente a Aula de Informática, a Biblioteca Municipal e as oficinas de Información Xuvenil e de Animación Cultural, ademáis de acoller concertos, obras de teatro, exposicións, cursos...

Enderezo: Avd. de San Campio, nº 1, 15230 Serra de Outes

Teléfonos: 981850950 / 981842406

Na casa da cultura teñen a súa sede os seguintes departamentos:

ANIMACIÓN CULTURAL

A intervención da animadora cultural é unha axuda insubstituíble para os nosos rapaces, colectivo que nestes momentos sente máis necesidades, sobre todo no medio rural, para a formación de hábitos saudables, na liña de preparalo mediante o xogo, as actividades creativas, lectura de contos, etc, con intencións didácticas e a formación de grupos para evitar a rivalidade e a competitividade. Por todo isto é necesario educar ós rapaces na ocupación do seu tempo libre, axudándolle a discriminar entre actividades nocivas ou non desexables e outras saudables que estimulan a creatividade, actividades onde os rapaces aprendan a relacionarse uns cos outros e a preocuparse polos sentimentos dos demais, desapareza o medo ao fracaso e o fallo e se reafirme a confianza en si mesmo como persoa.

Obxectivos:

  • Promover a participación da nosa poboación, sobre todo a mais nova, en tódalas convocatorias do eido da cultura e do tempo de lecer. Este é un obxectivo prioritario.
  • Potenciar a recuperación das festas tradicionais, antroido, magosto.
  • Crear e afianzar hábitos de lectura en idades temperás, involucrando os centros de ensino e as familias.
  • Promover encontros con persoas (escritores, ilustradores, contacontos, editores) que teñan que ver co mundo dos libros.
  • Fomentar a creatividade e o traballo en equipo, mediante os talleres de plástica.
  • Promover cursos de formación específicos, como por exemplo de monitor de tempo libre, encadernación….
  • Realizar un tipo de actividades encamiñadas a promover a diversión, convivencia e integración dos rapaces a través dunha aventura continua, por exemplo mediante as actividades lúdicas e o campamento urbano.
  • Descubrir as posibilidades que ofrece o concello de Outes, para divertirse, relacionarse con tal de ter ilusión e un grupo de amigos con quen compartila.
  • Espertar o interese polo entorno e o medio natural, mediante os talleres de medio ambiente.

Contacto: animacion@outes.es

BIBLIOTECA MUNICIPAL

A Biblioteca municipal de Outes é un centro local de información que lles facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, e que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura, divulga a lectura e promove especificamente a lingua e a cultura galegas.

Servizos que presta:

  • Lectura e consulta en sala
  • Préstamo a domicilio
  • Información bibliográfica
  • Sección local
  • Sección infantil e xuvenil
  • Publicacións periódicas
  • Acceso a internet
  • Conexión inalámbrica
  • Actividades culturais (contacontos, campaña de animación á lectura, encontros con escritores, ilustradores,...)

Horario: De luns a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 21 horas. Sábados de 11:00 a 13:00 horas.

Contacto: outes@rbgalicia.org

AULA DE INFORMÁTICA
Rede de aulas informáticas

A Aula de informática da Casa da Cultura está dotada de 15 ordenadores con conexión a internet que se poden usar libremente e de forma gratuíta nos horarios marcados como aula aberta. Ademáis impártense cursos de informática de diversos niveis e dirixidos a diferentes rangos de idade.

Horario de aula aberta:

  • De l uns a xoves: de 18:30 a 20:00 horas
  • Venres: de 17:00 a 21:00 horas

Contacto: informaticos@outes.es

OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL
Logo OMIX

A Oficina de Información Xuvenil está a disposición dos mozos e mozas do concello que desexen coñecer as opcións que teñen en educación e formación, na búsqueda de emprego, en ocio e cultura, etc.

Horario: De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Contacto: omix@outes.es

 

SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Logo SNL

O Concello de Outes quere demostrar o seu compromiso co idioma propio prestándolle atención especial ao proceso de normalización lingüística a través da galeguización dos seus servizos e poñendo en marcha programas dirixidos á poboación para conseguir a implicación de todos os colectivos neste proceso.

A aposta contempla ademais a creación de programas dirixidos á poboación, entidades asociativas e empresariais do municipio.

Descrición e funcións: O S.N.L. é un servizo do Concello de Outes que nace coa idea de ser un elemento dinamizador do uso do galego tanto dentro como fóra do Concello.

Os obxectivos principais son incrementar o uso social da lingua galega, contribuír á completa galeguización da administración local e mellorar a calidade das producións lingüísticas.

Contacto: normalizacion@outes.es

© CONCELLO DE OUTES | Aviso legal