| GRUPO DE BAILE MUNICIPAL DE OUTES |
![]() |
O grupo de baile municipal de Outes creouse no ano 1995, co profesor Javier Pato, bailarín do extinguido “Rey de Viana”, sendo o seu actual profesor. As actuacións máis destacadas son no Concello de Guía de Isora (Tenerife), Ámsterdam, Aveiro, Asturias, así como en innumerables festivais folclóricos de toda Galicia. Javier Pato é ademais o encargado do vestiario dos tres grupos folclóricos municipais de Outes: Cantareiras, Banda de Gaitas e Grupo de Baile. |