Español | Contacta con nos

 

 

CENTRO DE DÍA

Este centro xurdiu pola necesidade de ampliar os servizos que se ofertan co actual Centro Social, de forma que poidamos atender mellor aos nosos maiores e traballar polo seu benestar e a súa calidade de vida.

DIRECCIÓN: Praza do Bosque, 15230 - Outes

TELÉFONO: 981850090

HORARIO: De luns a sábado de 9:00 a 19:00 horas. Os domingos e festivos permanecerá pechado.

QUE É O CENTRO DE DÍA?
É un servicio social destinado á atención diúrna de persoas maiores que padezan perda da súa autonomía física e/ou psíquica e que, residindo nos seus propios fogares, precisan dunha serie de coidados de carácter persoal, terapéutico ou social.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
A tódalas persoas maiores de 65 anos, ou excepcionalmente maiores de 60 anos, veciños de Outes, con certo nivel de dependencia social e funcional, que non requiran dun centro especializado.
QUE SERVIZOS PRESTA ?
  • Atención socio-sanitaria: Abrangue o seguimento do estado de saúde dos usuarios e os coidados persoais que precisen (hixiene persoal, apoio á mobilización, control de medicación, etc.)
  • Comedor: Comprende o xantar e a merenda, nos que se garantirá o aporte dietético e calórico adecuados. Con carácter excepcional, tamén se poderá incluír o almorzo.
  • Animación socio-cultural: Programación de actividades que se desenvolverán a cotío no centro, dirixidas a promover o benestar dos usuarios e a aproveitar o seu tempo de lecer.
  • Rehabilitación funcional: Realización de exercicios dirixidos por persoal cualificado (Fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, enfermeiro/a) e axeitados ás necesidades dos usuarios.
A ONDE DIRIXIRSE PARA SOLICITAR A ADMISIÓN?

A solicitude realizarase no Concello, no despacho da traballadora social, que informará da documentación que se debe achegar.

Tamén se pode solicitar información chamando ao teléfono 981850003.

© CONCELLO DE OUTES | Aviso legal