| I.E.S. "POETA AÑÓN" |
|
O I.E.S. Poeta Añón da Serra de Outes foi creado en 1999 como un centro de Educación Secundaria Obrigatoria co fin de escolarizar nestas ensinanzas ós alumnos que rematan a Educación Primaria nos colexios do Concello. É polo tanto un centro de nova creación para as ensinanzas derivadas da L.O.X.S.E. Actualmente asisten a este instituto 178 alumnos. |
![]() |
Equipo Directivo: Director: Daniel Losada Andreu |
|
|
DIRECCIÓN: Rúa Poeta Añón s/n, 15230. Outes. A Coruña TELÉFONO/FAX: 981850637 E-MAIL: ies.poeta.anon@edu.xunta.es HORARIO LECTIVO: De 9:20 a 14:20 horas |
|
O instituto está situado na capital do Concello, un pouco ao oeste do centro da vila, nunha zona ampla, luminosa, tranquila pero ben comunicada e no comezo dun suave outeiro que lle da unha certa elevación respecto das zonas máis baixas e húmidas do val no que está situada a capital municipal. A denominación do centro rende homenaxe ao ilustre poeta outiense, Francisco Añón.
|