| OBRADOIRO DE EMPREGO "RÍO TINES IV" |
O Obradoiro de Emprego “Rio Tines IV” promovido polo Concello de Outes e coa subvención da Consellería de Traballo e Benestar, inicia a súas actividades en xuño de 2009. O seu obxectivo é que durante os seus doce meses de funcionamento, vinte e seis alumnos-as/traballadores-as, que ata a súa incorporación a este proxecto estaban desempregados, adquiran a formación e destrezas profesionais para acceder ao mercado laboral coas sufcientes garantías de atopar un posto de traballo por conta propia ou allea. |
||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||
|
As especialidades formativas impartidas son as de albanelería e carpintería, a primeira con catorce participantes e a segunda con doce. O organigrama de persoal responsable da boa marcha do Obradoiro de Emprego “Rio Tines IV” está composto por un director, coa función de coordinar, xestionar e controlar o proceso global do obradoiro; dous expertos-docentes nas citadas especialidades profesionais; unha profesora de educación compensatoria, para que os participantes que non posúan o título en educación secundaria obrigatoria poidan obtar a el; un arquitécto técnico como responsable das obras e profesor de debuxo e técnicas construtivas; unha profesora en orientación laboral, que se encargará das actividades en xestión empresarial, e como xestor, xunto coa dirección, da inserción laboral do alumnado traballador; un profesor encargado de impartir un curso básico de informática; e por último, unha auxiliar administrativa, encargada das tarefas administrativas. |
||||||||||||||||||||||||
|
FORMACIÓN COMPLEMENTARIA Ademais da indicada formación en cada oficio ou especialidade formativa, non pode esquecerse a necesidade de desenvolver outro tipo de actividades complementarias para o enriquecemento tanto cultural como persoal dos participantes. Para estes fins, organízanse diferentes módulos, como por exemplo o de xestión empresarial, enfocado á inserción laboral tanto a través do emprego por conta allea, como por medio do autoemprego e as fórmulas de economía social, incidindo na creación de empresas. Tamén se imparten módulos de seguridade e saúde no traballo co obxectivo de previr os riscos derivados da actividade laboral, de alfabetización informática, de sensibilización ambiental e igualdade de xénero. Con carácter complementario e para aqueles alumnos-as/traballadores-as que non acadaron o título de graduado e educación secundaria obrigatoria, impártense clases de educación compensatoria, co obxecto de que poidan acceder ás probas correspondentes coas suficientes garantías de éxito para a obtención de dito título. En todo momento, o equipo directivo e docente orienta as distintas actividades formativas a potenciar e apoiar aos participantes cara á súa inserción no mercado laboral, xa sexa achegándose ás empresas que os poidan demandar, como proporcionándolles información sobre saídas profesionais e outras cuestións de índole laboral. Rematada a súa participación no obradoiro, o alumnado traballador recibirá un certificado expedido pola entidade promotora no cal constará a duración en horas da súa participación no programa, así como o nivel da formación teórica-práctica adquirido e os módulos formativos cursados. |
||||||||||||||||||||||||
|
OBXECTOS DE ACTUACIÓN Acometerase a rehabilitación dunha casa rural tradicional destinada a centro social en San Cosme (Outes). Os alumnos traballadores da especialidade de albanelería executarán a obras de acondicionamento interior e exterior do edificio e anexos. Se realiza a execución de tabiquerías, limpeza de fachada exterior, reparación de paredes interiores e exteriores, reposición do tellado ... Os alumnos traballadores da especialidade de carpintería realizarán e montarán as estruturas de madeira necesarias na obra (soporte de tellado, falsos teitos en madeira, …), portas e diverso mobiliario destinado ao funcionamento do futuro centro social. |
||||||||||||||||||||||||