| novas de outes |
ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO DO 1º TRIMESTRE 2012 |
|
![]() |
[14/02/2012] A Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión de 13 de febreiro de 2012, aprobou o padrón de contribuíntes da taxa polo servicio de recollida de lixo do 1º trimestre de 2012.
|
XVI CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN |
|
![]() |
[03/02/2012] O Concello de Outes, comprometido e interesado en promover os valores creativo-literarios da nosa lingua e querendo deste xeito contribuir a apoiar aos novos valores da nosa cultura e das letras, organiza este certame de poesía, certame que leva o nome do máis ilustre literato do noso concello, Francisco Añón, autor do "Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega. Neste ano 2012, ano no que celebramos a XVI edición do certame, cúmprese ademais o bicentenario do nacemento de Añón.
|
CONCURSO DE DISFRACES. ENTROIDO 2012. |
|
![]() |
[01/02/2012] O Concello de Outes, a través da concellaría de cultura e deportes, convoca o concurso de disfraces para celebrar o enterro da sardiña, festa de grande tradición no noso concello. Este evento terá lugar o mércores 22 de febreiro de 2012 polas rúas principais da Serra de Outes. |